Manifesto: Contra a criminalización da solidariedade co pobo palestino

Ante a decisión da Audiencia Nacional de encausar primeiro, e despois de denegar o sobresemento da causa seguida contra Ángeles Mestre e outras dúas compañeiras polo envío de fondos ao pobo palestino, á vez que dispuxo a apertura de Sumario Ordinario por colaboración con organización terrorista, as persoas abaixo asinantes manifestamos que:

  • A imputación das tres compañeiras por colaboración con organización terrorista, baseada na recollida de fondos con destino á reconstrución de instalacións sanitarias destruídas polo exército israelí, que ocasionou así mesmo miles de mortes e de persoas feridas en 2014 e 2015, carece de toda lexitimidade . As penas previstas no Código penal contemplan entre dous e dez anos de cárcere e multas polo triplo das cantidades enviadas.
  • O pretexto esgrimido da entrega dos devanditos fondos á dirixente palestina Leila Khaled, membro da Fronte Popular para a Liberación de Palestina considerado pola UE como organización terrorista, é inaceptable. Leila Khaled é un símbolo da resistencia do seu pobo e é convidada con certa frecuencia – como na ocasión citada – por concellos como os de Barcelona e Madrid e outras institucións académicas e sociais. Nestas visitas realizou declaracións públicas en defensa da loita do pobo palestino contra a ocupación israelí, sen que a súa actividade fose de ningún xeito obstaculizada.
  • A decisión da Audiencia Nacional, do mesmo xeito que a persecución realizada contra membros e institucións do movemento Boicot, Desinversiones Sancións ( BDS) é unha atentado contra os lexítimos sentimentos de solidariedade co pobo palestino, amplamente estendidos na nosa sociedade.

Por todo iso esiximos:

  • Que se retire toda acusación contra as citadas compañeiras, así como o cesamento de toda represión contra a actividade solidaria co pobo palestino.
  • Que o Estado español deixe de amparar iniciativas xurídicas promovidas en última instancia polo Estado de Israel que pretende conseguir, non só a impunidade nos masacres que perpetra contra o pobo palestino, senón acalar as voces e as actividades de solidariedade que as denuncian. Finalmente, chamamos a todo tipo de organizacións sociais, sindicais e políticas a non amedrentarse e a intensificar as tarefas da súa lexítima solidariedade co pobo palestino. Así mesmo solicitamos aos medios de comunicación que se autodefinen como independentes a romper o silencio que rodea, tanto aos ataques israelís contra Palestina, como á represión contra a solidariedade.